O Concello pediu 12 toneladas máis de sal ante previsión dunha masa de aire frío a partir de mañá
Martes, 08 de xaneiro de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, informou de que 8 brigadas compostas en total por unha vintena de operarios e operarias da empresa de limpeza esparexeron ao longo da mañá deste martes, dende as catro e media da madrugada, máis dunha tonelada de sal polas rúas da cidade para paliar os efectos do xeo e garantir a seguridade dos viandantes. Así mesmo, ante a previsión de que mañá entre unha masa de aire frío, o Concello pediu 12 toneladas de sal, ademais de manter o operativo de brigadas activado.
Audio
- O concelleiro Daniel Piñeiro, sobre as toneladas de sal | Descargar mp3