Xoves, 21 de abril de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa

Unha vintena de mozos e mozas que cursan bacharelato no Insituto Lucus Augusti visitaron este xoves o Parque de Bombeiros, unha actividade programada polo seu mestre da materia de Física e Química, quen os acompañou ás instalacións. Os rapaces realizaon experimentos sobre reaccións químicas, todo elo baixo a atenta mirada dos bombeiros e coas estritas medidas de seguridade pertinentes para evitar calquera risco aos estudantes.
Aproveitando a visita, os membros do Corpo de Bombeiros explicáronlles aos rapaces o seu labor e as tarefas que realizan en situacións de emerxencia.