Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Unha vintena de estudantes do Instituto Lucus Augusti realizaron experimentos esta mañá no Parque de Bombeiros

Unha vintena de estudantes do Instituto Lucus Augusti realizaron experimentos esta mañá no Parque de Bombeiros

  • Tema
    • Centros de ensino,
    • Formación,
    • Protección da comunidade
Xoves, 21 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Unha vintena de mozos e mozas que cursan bacharelato no Insituto Lucus Augusti visitaron este xoves o Parque de Bombeiros, unha actividade programada polo seu mestre da materia de Física e Química, quen os acompañou ás instalacións. Os rapaces realizaon experimentos sobre reaccións químicas, todo elo baixo a atenta mirada dos bombeiros e coas estritas medidas de seguridade pertinentes para evitar calquera risco aos estudantes.

Aproveitando a visita, os membros do Corpo de Bombeiros explicáronlles aos rapaces o seu labor e as tarefas que realizan en situacións de emerxencia.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/unha-vintena-de-estudantes-do-instituto-lucus-augusti-realizaron-experimentos-esta-mana-no