Unha das veciñas máis lonxevas do Sagrado Corazón inaugura o novo ascensor convidada por Lara Méndez

A alcaldesa cumpría así o sono desta lucense de 95 anos que quixo ser a primeira en estrear a dotación tras medio século residindo no barrio
 
A instalación quedará dende hoxe aberta ao público logo dun investimento de 240.000 euros que mellorará notablemente a mobilidade urbana na zona ao eliminar unha
diferencia de cota de 11 metros de altura entre as rúas da contorna

Venres, 17 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Unha das veciñas máis lonxevas do Sagrado Corazón inaugura o novo ascensor convidada por Lara Méndez

Liberata Rolán ten 95 anos. Chegou a Lugo dende Alemania en 1982 e, dende entón, residiu sempre no Sagrado Corazón.

Cando se enterou de que o seu barrio contaría cun ascensor urbano para mellorar a accesibilidade da contorna, fíxolle chegar a alcaldesa o seu desexo de ser a primeira persoa en estrealo. E esta mañá, Liberata inauguraba xunto a Lara Méndez o novo elevador, antes de poñelo a disposición de toda a veciñanza.

“O que para Liberata converteuse nun sono cumprido para min supuxo a consecución de todo un reto persoal que esixiu innumerables trámites, segregación de terreos incluída, pero que hoxe é xa unha realidade, logo de que os meus antecesores se comprometeran a materializar esta infraestrutura hai doce anos”, destacou a rexedora.

Lara Méndez explicou que a dotación entraba en funcionamento esta mañá despois de que a incorporación dalgunhas melloras sobre o proxecto inicial, suxeridas pola veciñanza, prolongaran o remate das obras, iniciadas no segundo trimestre de 2019.

“O ascensor, ao igual que o das Fontiñas, ten formato panorámico, posibilitando as vistas dende o interior. Escolleuse así unha estética fermosa e moderna que se integrara ben na paisaxe e que fixera agradable tamén a súa utilización. O sistema de embarque, na Avenida Adolfo Suárez, correspóndese coa porta sur e o desembarque, a 11 metros de altura, coa norte xunto ao salón de actos do colexio. Dispón ademais dunha parada intermedia, a unha cota de 6’75 metros, xusto ao nivel da praza da Igrexa á que se chega a través dunha pasarela.

Segundo a alcaldesa, a instalación, na que se investiron 240.000 euros, “beneficiará, sobre todo, ao milleiro de habitantes que residen nesta parte da capital, contribuíndo a incrementar a súa  comodidade e a calidade de vida, especialmente dos maiores, aínda que tamén reverterá no resto de usuarios que acoden ao CEIP, ao ambulatorio e ao centro de convivencia ou que frecuentan outros servizos básicos dos que dispón a contorna.

A rexedora lembrou que as obras comezaran en abril, coa derruba da escalinata, habilitada novamente o pasado mes de decembro conforme un sistema de chanzos de 3+3 tramos que reduce o desgaste físico que conleva subilas.

A renovación deste paso, así como agora o elevador, ao igual que aconteceu co de Fontiñas, axudarán a diminuír a pegada que condiciona a habitabilidade nestes barrios do municipio debido á súa complexa orografía e difícil accesibilidade.

Intervencións todas elas, que Lara Méndez asumiu como obxectivos – e agora logros - do seu mandato, entre os que tamén se inclúe a eliminación do tapón urbanístico da Avenida da Coruña a altura de Garabolos, e que hoxe en día, xa executados, se converteron nun fito para a mobilidade local.

Vídeos

  • Lara Méndez e Liberata Rolán, sobre a inauguración do ascensor "Sagrado Corazón" | Descargar mp4
  • Lara Méndez e Liberata Rolán, sobre a inauguración do ascensor "Sagrado Corazón" | Descargar mp4

Audio

  • Lara Méndez, sobre a inauguración do ascensor "Sagrado Corazón" | Descargar mp3
  • José Manuel Carballo, sobre a inauguración do ascensor "Sagrado Corazón" | Descargar mp3

Multimedia

  • Unha das veciñas máis lonxevas do Sagrado Corazón inaugura o novo ascensor convidada por Lara Méndez

Noticias relacionadas