O xurado está a analizar todas as propostas presentadas, que engloban diferentes disciplinas creativas, para decidir o vindeiro día 13 polas tres que obterán a praza para desenvolver o seu proxecto.
O tribunal está integrado polo pintor e galerista, Jorge Espiral; a profesora da Escola de Artes Ramón Falcón Carmen Porteiro; a xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago e un técnico do CEI Nodus.
O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, sinala que “co Coliving municipal apostamos polo emprendemento cultural de artistas noveis tanto de Lugo como de fóra”.

Un total de 27 solicitudes de toda España optan ás primeiras residencias artísticas que se porán en marcha no Coliving Municipal de O Carme, desenvolvido pola Concellería de Dinamización Económica, grazas aos fondos europeos. O edil responsable desta área, Mauricio Repetto, sinala que “coa apertura das primeiras residencias artísticas no Colinving municipal do Carme apostamos polo emprendemento cultural de artistas noveis, tanto de Lugo como de fóra da provincia, xa que contamos con solicitudes de creadores e creadoras de toda Galicia, como do resto de España”. O tribunal esta a analizar cada un destes proxectos, que abarcan diferentes disciplinas artísticas, para decidir o vindeiro día 13 cales serán as tres propostas que pasarán a desenvolverse no CAM.
Neste sentido, Repetto fixo fincapé nunha “iniciativa pioneira, para que estas instalacións municipais sirvan de espacio cultural, para dinamizar o arte, nas súas diferentes expresións. Cremos que é un escaparate único para que as e os artistas poidan desenvolver o seu arte, ofrecendo así un espazo para a creación e afondar na cultura como un dos eixos que debe mover Lugo”.
O obxectivo das residencias do Coliving é o de “fomentar as sinerxías artísticas, culturais e profesionais entre diferentes persoas, disciplinas e iniciativas, ao tempo que se dinamiza o tecido artístico, social e empresarial, e a profesionalización dos axentes culturais”, sinala o responsable de Dinamización Económica. Este proxecto, nado como catalizador para a creatividade, tamén inclúe apoio ao emprendemento artístico, a través do CEI Nodus, mediante asesoramento sobre aspectos xurídicos, fiscais ou de xestión de proxectos. Nesta anualidade 2025, destinaranse 13.500 euros ás tres becas para desenvolver as propostas culturais e artísticas seleccionadas ao longo de tres meses.
As 27 solicitudes responden a outros tantos proxectos de artistas das máis variadas disciplinas. Así, se presentan iniciativas para crear conxuntos escultóricos con diferentes materiais na contorna do Colinvig; proxectos pictórico literarios; outros que unen a videocreación, coa danza, a música e a fotografía; e, por suposto, o arte dixital e a pintura nos seus máis diversos formatos. Todas estas propostas utilizan as diferentes expresións artísticas para por exemplo reflexionar sobre o patriomonio rural a través da arte; centrarse na recuperación da mitoloxía galega para abordar problemas actuais; achegarnos a reivindicacións e loitas comúns na nosa sociedade; investigar sobre o aspecto do arte vitalista e dinámico capaz de establecer intercambios xeracionais; afondar na paisaxe galega; na historia que rodea á cidade, con especial énfase no Camiño Primitivo; ou a utilización deste CAM para construír novas narrativas visuais.
As e os artistas que presentaron as súas propostas proceden, na súa gran maioría de Galicia, principalmente de Lugo, Pontevedra e A Coruña, aínda que tamén hai artistas de Ourense que se presentaron a esta iniciativa. Ademais, hai outros proxectos de artistas de Sevilla, Gipuzkoa, Burgos, Valencia, Madrid e Tenerife.
O tribunal está integrado por catro persoas, relacionadas coa arte, a docencia, a xestión museística e o propio Cei Nodus. Se trata do pintor e galerista, Jorge Espiral, un dos integrantes do colectivo artístico Bacabú, que ademais de desenvolver unha importante carreira como pintor é responsable desde hai anos da galería de arte A Catedral, centrada en artistas galegos. Tamén integrará este tribunal a profesora da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, Carmen Porteiro, que ademais da súa faceta de docente conta cunha extensa experiencia en fotografía, deseño gráfico e técnicas audiovisuais, así como a xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, Encarna Lago, con amplo recoñecemento no eido artístico pola seu traballo de comisaria en numerosas exposicións e responsable das residencias artísticas e literarias desenvolvidas no marco da citada rede.
Audio
- O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, sobre a selección de propostas artísticas para o Coliving | Descargar mp3

