Un novo semáforo reducirá o tráfico do casco histórico

Regularase a saída de vehículos á Ronda dende a Porta Miñá, eliminando o complexo percorrido polo centro que se tiña que facer até o de agora

Con esta medida o goberno respode á demanda da veciñanza e das asociacións de comerciantes e hostaleiros do casco histórico

Martes, 06 de agosto de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un novo semáforo reducirá o tráfico do casco histórico

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, xunto coa concelleira de Turismo, Maite Ferreiro, visitaron na mañá de hoxe o barrio da Tinería, onde nos próximos días se instalará un novo semáforo que regulará a saída de vehículos á Ronda  da Muralla dende a porta Miñá, reducindo o número de vehículos que circulan polo centro da cidade.

Segundo Penas, “este novo semáforo regulará a entrada e saída do tráfico na Tinería, que antes estaba obrigado a saír facendo un percorrido pola Tinería, rúa Nova, praza da Soidade e praza de Armanyá”. Con esta medida o goberno responde a unha demanda de veciños e veciñas do casco histórico, ademais das asociacións que representan a comerciantes e hostaleiros do barrio.

“Dende as áreas de Infraestruturas e Turismo seguimos poñendo solucións para activar Lugo e convertelo nunha cidade amable coas persoas”, indicou o Concelleiro de Infraestruturas.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre o semáforo da Tinería | Descargar mp3

Multimedia

  • Un novo semáforo reducirá o tráfico do casco histórico

Noticias relacionadas