Sábado de atletismo no entorno do río Rato coa carreira Corre con Nós

Lara Méndez e Miguel Fernández deron o pistoletazo de saída ás diferentes categorías desta proba, que tivo un recorrido de 6 quilómetros para os adultos e ente os 400 metros e os 3 quilómetros para as categorías infantís

As vindeiras probas do circuíto terán lugar o domingo 17 de abril, o sábado 7 de maio e o domingo 5 de xuño

Sábado, 02 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Sábado de atletismo no entorno do río Rato coa carreira Corre con Nós

O entorno do río Rato acolleu este sábado unha xornada de atlestismo coa carreira Corre Con Nós, na que se deron cita preto de 2.900 atletas de todas as idades e de todos os puntos do municipio e da provincia. Trátase da terceira carreira popular enmarcada na 16ª edición do Circuíto Larsa Corre con Nós, que engloba 6 carreiras ata xuño.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, deron o pistoletazo de saída ás diferentes categorías desta carreira, que tivo un percorrido de entre os 400 metros e os 3 quilómetros para as categorías infantís e de 6 quilómetros para os adultos. Méndez e Fernández fixeron fincapé na alta participación desta cita así como nas súas potencialidades, que pasan por fomentar a práctica depotiva e por promover a riqueza de Lugo.

O circuíto desta carreira, cun trazado íntegro de asfalto, non se empregaba dende o ano 2011. Foi recuperado pola demanda dos corredores, pois forma parte dos adestramentos diarios de gran parte dos lucenses, así como polo entorno polo que discorre.

Ao remate das carreiras dos máis cativos, Lara Méndez e Miguel Fernández entregáronlle aos nenos e nenas gañadoras os seus respectivos trofeos e medallas.

As vindeiras probas do circuíto terán lugar o domingo 17 de abril, o sábado 7 de maio e o domingo 5 de xuño.

Multimedia

Noticias relacionadas