Rubén Arroxo reuniuse coa asociación de empresarios de ‘O Ceao As Gándaras’

Na xuntanza, a directiva da asociación trasladou as necesidades da zona en materia de mobilidade e infraestruturas

Venres, 10 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo reuniuse coa asociación de empresarios de ‘O Ceao As Gándaras’

O tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas mantiveron unha xuntanza coa directiva asociación de empresarios de “O Ceao As Gándaras”. A asociación de empresarios solicitou esta xuntanza para presentar as necesidades que ambas áreas industriais teñen en materia de infraestruturas e mobilidade.

“Recollemos as propostas que nos fixeron chegar e trataremos de dar solucións e mellorar as infraestruturas no menor prazo de tempo posíbel”, indicou Rubén Arroxo, que engadiu “algunhas destas necesidades xa están en marcha, como o repintado das marcas viais, mentres que outras, como o mantemento do asfaltado, debe realizarse con periodicidade debido aos vehículos pesados que circulan por esta vía”.

A directiva da asociación presentou tamén solicitudes para o resto de servizos públicos da zona, “que trasladaremos aos edís responsábeis para que poidan traballar nelas”, indicou Rubén Arroxo.

Audio

  • O tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, sobre a xuntanza coa asociación de empresarios de “O Ceao As Gándaras” | Descargar mp3

Noticias relacionadas