Publicadas as listas provisionais da convocatoria de prazas de novo ingreso para as Escolas Infantís Municipais no curso 2016-17

Os interesados poden consultar estas listas ata o 21 de maio no Taboleiro de Edictos do Concello, na área de Educación situada no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, nas propias escolas infantís e no 010

Martes, 10 de maio de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo publicou este martes as listas provisionais de admitidos neste curso 2016-2017 para prazas de novo ingreso nas escolas infantís, creadas e mantidas polo Concello de Lugo: Serra de Outes, Gregorio Sanz, Luis Soto Menor e María Wonenburguer. Todos os interesados poden consultar estas listas ata o 21 de maio no Taboleiro de Edictos do Concello, na área de Educación situada no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, nas propias escolas infantís e no Servizo de Atención Cidadá 010.

A partir deste día 21, serán resoltas as solicitudes e alegacións presentadas, para logo publicar as listas definitivas e comenzar cos procesos de formalización de matrícula para o vindeiro curso. Ata o 31 de agosto poden presentarse solicitudes de novo ingreso de menores nacidos con posterioridade ao 24 de marzo do 2016, día seguinte á finalización de presentación de solicitudes dentro da convocatoria.

 “Un ano máis o número de solicitudes, unhas 420, supera considerablemente as prazas libres de novo ingreso, 142, o que indica a gran aceptación das escolas municipais infantís e a necesidade de que o Goberno Autonómico cree novas garderías en Lugo, tal e como vimos demandando nos últimos anos”, subliñou o edil. 

Noticias relacionadas