Sábado, 26 de setembro de 2015
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, participou este sábado nas actividades organizadas polo Concello de Lugo para celebrar o Día Europeo das Linguas. O Concello organiza un ano máis estas actividades gratuítas para que os lucenses, e especialmente os máis cativos, sexan conscientes da importancia do coñecemento de idiomas como nexo de unión entre persoas de diferentes culturas e como vía de acceso a un mellor emprego.