Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Praza Maior, punto de encontro do plurilingüismo no Día Europeo das Linguas

A Praza Maior, punto de encontro do plurilingüismo no Día Europeo das Linguas

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Economía
Sábado, 26 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Día Europeo das Linguas

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, participou este sábado nas actividades organizadas polo Concello de Lugo para celebrar o Día Europeo das Linguas. O Concello organiza un ano máis estas actividades gratuítas para que os lucenses, e especialmente os máis cativos, sexan conscientes da importancia do coñecemento de idiomas como nexo de unión entre persoas de diferentes culturas e como vía de acceso a un mellor emprego.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/praza-maior-punto-de-encontro-do-plurilinguismo-no-dia-europeo-das-linguas