Cristina López: “o apoio ao comercio local é moito máis importante este ano para colaborar súa recuperación ante a crise derivada da emerxencia sanitaria”

A Área de Participación e Servizos para a Veciñanza realizou no día de hoxe o acto de acendido das luces de Nadal da Praza de Abastos. Segundo declarou a concelleira responsábel, Cristina López, “co alumeado de Nadal queremos convidar á veciñanza de Lugo a que se achegue á Praza de Abastos e ao Mercado Municipal e que coñeza os produtos de primeira calidade que venden as praceiras e praceiros”.
Neste acto de acendido, a Cristina López agradeceu a todas as praceiras e praceiros "a súa implicación e colaboración durante os días máis duros do confinamento, onde puxemos en marcha servizos como a compra pre encarga ou o reparto a domicilio". A edil de Participación destacou que “na Praza e no Mercado temos a posibilidade de adquirir produtos de calidade e desfrutar da atención personalizada dos distintos comerciantes nun entorno privilexiado do centro da cidade”.