Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Praza de Abastos acende a súa iluminación de Nadal

A Praza de Abastos acende a súa iluminación de Nadal

Cristina López: “o apoio ao comercio local é moito máis importante este ano para colaborar súa recuperación ante a crise derivada da emerxencia sanitaria”

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Programación cultural,
    • Comercio,
    • Mercados
Venres, 13 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Praza de Abastos acende a súa iluminación de Nadal

A Área de Participación e Servizos para a Veciñanza realizou no día de hoxe o acto de acendido das luces de Nadal da Praza de Abastos. Segundo declarou a concelleira responsábel, Cristina López, “co alumeado de Nadal queremos convidar á veciñanza de Lugo a que se achegue á Praza de Abastos e ao Mercado Municipal e que coñeza os produtos de primeira calidade que venden as praceiras e praceiros”.

Neste acto de acendido, a Cristina López agradeceu a todas as praceiras e praceiros "a súa implicación e colaboración durante os días máis duros do confinamento, onde puxemos en marcha servizos como a compra pre encarga ou o reparto a domicilio".  A edil de Participación destacou que “na Praza e no Mercado temos a posibilidade de adquirir produtos de calidade e desfrutar da atención personalizada dos distintos comerciantes nun entorno privilexiado do centro da cidade”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/praza-de-abastos-acende-sua-iluminacion-de-nadal-2020