A ponte da estrada de Ombreiro a Adai quedará cortada ó tráfico mañá para facilitar a retirada de varios árbores do río Miño

Martes, 10 de decembro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo comunica que este mércores haberá un corte de tráfico na vía que comunica a estrada de Ombreiro con Adai que se producirá para facilitar a retirada de varias árbores caídas no cauce do río Miño, á altura da ponte da antiga estación elevadora de auga limpa en Meilán.

Para elo é preciso o emprazamento dun guindastre autopropulsado sobre a ponte que canaliza o tránsito dende a estrada de Ombreiro cara Adai, o que suporá o corte da circulación rodada en ambolos dous sentidos, segundo informa a Policía Local, e por un tempo aproximado de catro horas.

O comezo dos traballos está previsto para as 10.00 horas e prevese que se prolonguen ata as 14.00 horas.

Para colaborar nas devanditas labores haberá no lugar presenza da Policía Local nos dous extremos da ponte e de persoal voluntario de Protección Civil.

Os veciños que empregan o itinerario que vai ser cortado deberán empregar como alternativa a Ponte Nova.

O Concello prega disculpas polas molestias.

Noticias relacionadas