A Policía Local precinta os equipos de música en varios locais nocturnos da cidade

Na noite do venres, día 20, ao sábado 21, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo realizaron un operativo especial para o control do cumprimento da normativa autonómica e local de espectáculos públicos e actividades recreativas naquelas zonas onde se sitúan locais que producen o maior número de queixas por molestias e alteracións de orde pública, levando a cabo inspeccións en establecementos situados na zona da Tinería, Yañez Rebolo, Camiño Real e Luís Seoane.

Luns, 23 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Policía Local precinta os equipos de música en varios locais nocturnos da cidade

Como resultado do mesmo, precintáronse os equipos de reprodución musical e altofalantes, que estaban a funcionar carecendo de autorización para iso, a pesar de que, no seu día, lles fora notificado aos seus titulares orde de retirada da instalación musical NON AUTORIZADA, facendo caso omiso ao devandito requirimento.

Así mesmo, nas devanditas inspeccións comprobouse a tenencia de seguros de responsabilidade civil, aforo, follas de reclamacións, extintores e outros elementos contra incendios, identificación do persoal que se achaba traballando nos locais, contratos e altas á Seguridade Social, cartelería visible de prohibicion de fumar e venda de alcohol a menores, etc.

Do resultado destas inspeccións levantáronse actas a diferentes locais por diversas infraccións á Lei de Espectáculos e actividades recreativas de Galicia con relación ao Regulamento xeral de Policía de espectáculos e actividades recreativas, Lei de emprendemento e competitividade económica de Galicia e Ordenanza de Contaminación Acústica do Concello de Lugo. 

Delitos contra a seguridade viaria

Por outra banda, ás 7:20 horas do día 21, tivo lugar un accidente de circulación na Rolda de Fingoi, nas inmediacións de Agro da Torna, no que un turismo saiuse da vía penetrándose na mediana e chocando coa parte frontal contra unha árbore. O seu condutor foi sometido ás probas de detección alcohólica arroxando un resultado POSITIVO de 0,95 mg/ l (case catro veces máis que a taxa permitida), motivo polo cal efectivos da Unidade de Atestados instrúen dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na súa modalidade de xuízo rápido. 

A Policía Local participou nun cento de intervencións provocadas polo temporal

Durante a fin de semana, tanto os efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio como a Unidade de Atestados prestaron asistencia en máis de cen incidentes como consecuencia do forte vento. A maioría das intervencións foron por árbores caídas, contedores movidos ao centro da calzada, caídas de cascotes de edificios, de muros, inundacións, desprendementos de enfoscado de fachadas, sumidoiros levantados, etc. 

Entre o 20 e o 22 de decembro rexistráronse en Lugo 14 accidentes de circulación

  • Dia 20. 10:45 horas. Accidente de circulación en Rolda Norte inmediacións da Avenida da Coruña. Dous vehículos implicados. Danos materiais.
  • Dia 20. 14:30 horas. Accidente de circulación en rúa García Portela. Dous vehículos implicados. Danos materiais.
  • Dia 20. 15:00 horas. Accidente de circulación en rúa Monte Faro. Dous vehículos implicados. Danos materiais
  • Dia 20. 18:30 horas. Accidente de circulación en Rolda Norte glorieta de acceso ao polígono de As Gándaras. Dous vehículos implicados. Danos materiais.
  • Dia 20. 19:30 horas. Accidente de circulación por fochanca na calzada da rúa Fermín Rivera. Un vehículo implicado. Danos materiais.
  • Dia 20. 15:00 horas. Accidente de circulación en rúa Monte Faro. Dous vehículos implicados. Danos materiais.
  • Día 21. 10:40 horas. Accidente de circulación na Praza de Santo Domingo. Dous vehículos implicados. Danos materiais.
  • Día 21. 10:15 horas. Accidente de circulación na Avenida de Magoi. Un contedor desprazouse como consecuencia do forte vento e causou danos a un vehículo.
  • Día 21. 12:45 horas. Accidente de circulación na rúa Quiroga. Como no anterior un contedor desprázase do seu emprazamento e causa danos a un vehículo.
  • Día 21. 13:00 horas. Accidente de circulación na rúa Montirón. Danos nun vehículo estacionado por outro que se deu á fuga.
  • Día 21. 15:00 horas. Accidente de circulación na rúa Tino Grandío. Dous vehículos implicados. Danos materiais.
  • Día 21. 15:50. rúa Río Ladra. Varias pedras despréndense dun inmoble e causan danos a un vehículo estacionado.
  • Día 21. 20:40 horas. Accidente de circulación na praza de Augas Férreas. Dous vehículos implicados. Danos materiais.
  • Día 22. 13:50 horas. Accidente en rúa Fernando Pessoa. Dous vehículos implicados. Danos materiais.

Auxilio a cidadáns

Efectivos da Unidade Territorial da Policía de Barrio acudiron a unha vivenda da estrada de Fonsagrada para auxiliar a unha persoa enferma que non podía acceder ao seu domiciliio xa que apenas tiña mobilidade nas súas extremidades inferiores. Os axentes axudáronna a entrar na vivenda, quedando ao coidado dunha filla. 

Filtros de seguridade viaria

Nos diferentes filtros de seguridade viaria establecidos durante a fin de semana, localizouse un vehículo sobre o que pesaba mandamento de procura, captura e depósito por EMBARGO, sendo retirado co guindastre e PRECINTADO no Depósito Municipal. Así mesmo interceptouse un vehículo conducido por un varón que ao ser sometido ás probas de detección alcohólica arroxa un resultado POSITIVO de 0,60 mg/ l. Por tal motivo ábrese expediente sancionador contra o condutor con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de conducir.

Multimedia

  • A Policía Local precinta os equipos de música en varios locais nocturnos da cidade
  • A Policía Local precinta os equipos de música en varios locais nocturnos da cidade

Noticias relacionadas