A Policía Local detecta varias infraccións nun establecemento nocturno de Salvador de Madariaga

Xoves, 05 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Unidade de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo realizaron na madrugada do día 4 ao 5 de decembro unha inspección nun local nocturno da rúa Salvador de Madariaga, trala cal levantaron acta-denuncia por infracción á normativa reguladora de espectáculos públicos e actividades recreativas ao comprobar que o establecemento, con categoría de cafetería, desenvolvía a actividade cun reprodutor de música, non estando autorizado a iso.

A reprodución da música realizábase mediante unha tablet conectada a dous altofalantes. Ademais levantouse acta-denuncia por infracción na orde Social, ao detectar como unha muller estaba a realizar traballo de camareira, detrás da barra da cafetería, carecendo de contrato de traballo.

Así mesmo, unha patrulla da devandita Unidade, nas inmediacións do Parque da Milagrosa, levantou acta-denuncia ao propietario dun can, dos cualificados como potencialmente perigosos, por ou non portar a licenza municipal para a súa tenencia, ou non estar rexistrado ademais de carecer de Seguro de Responsabilidade Civil.

Noticias relacionadas