Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e persoal de Urbaser traballan para minimizar as incidencias provocadas polo temporal

Os servizos do Concello atenderon unha decena de incidencias co fin de garantir a asistencia aos veciños e veciñas e a resolución dos problemas que puideran ocasionar tanto o vento como a choiva

Venres, 08 de xaneiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e persoal de Urbaser traballan para minimizar as incidencias provocadas polo temporal

Efectivos de Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e persoal de Urbaser traballan conxuntamente arreo dende primeira hora da mañá para minimizar as incidencias provocadas polo temporal de choiva e vento que previran os servizos metereolóxicos.

Os servizos do Concello de Lugo atenderon unha decena de incidencias co fin de garantir a asistencia aos veciños e veciñas e a resolución dos problemas que puideran ocasionar tanto o vento como a choiva rexistrados durante esta pasada noite e o día de hoxe:

  • Ás 07:20 horas: Bolsa de auga na ronda das Fontiñas 170, quedando solucionada ás 08:10 h
  • Ás 08:15 horas: Bolsa auga nunha vía pública en Galegos nas inmediacións da Igrexa
  • Ás 08:20 horas: Arbore caída na parroquia de San Vicente do Burgo, no lugar de Carrigueiros
  • Ás 08:56 horas: Inundación e danos importantes nun inmoble da Louzaneta, concretamente na rúa Airas 25
  • Ás 09:01 horas: Inundación nun inmoble da rúa Garaballa de Arriba 212
  • Ás 10:15 horas: Filtracións de auga a un establecemento comercial na rúa Julia Minguillón 45
  • Ás 11:15 horas: Inundación nun inmoble da rúa da Xesta 10
  • Ás 11: 25 horas: Inundación nun inmoble da rúa Piñeiral 17
  • Ás 11:35 horas: Inundación nun inmoble do barrio da Chanca 18
  • Ás 12:30 horas: Inundación nun inmoble da ronda Muralla 186

O Concello ten pechados os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro debido á alerta amarela activada por vento, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá.  

Noticias relacionadas