Paula Alvarellos recibe ao Lugo Sala polo seu ascenso a Segunda División

A rexedora felicitou aos xogadores, corpo técnico e directiva “por acadar un novo fito histórico para o deporte lucense, que volve recordar a época gloriosa do fúbol sala que xa viviu no pasado”.

Martes, 25 de xuño de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos recibe ao Lugo Sala polo seu ascenso a Segunda División

A Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu hoxe na Casa do Concello aos xogadores, corpo técnico e directiva do Lugo Sala, con motivo do ascenso a Segunda División que o conxunto lucense acadou a pasada fin de semana.

A rexedora felicitou aos presentes “por acadar un novo fito histórico para o deporte lucense, que volve recordar a época gloriosa do fúbol sala que xa viviu no pasado”. Alvarellos agradeceu aos integrantes da expedición aurinegra “os valores que transmitides, especialmente aos mais pequenos e pequenas, como o espírito de superación e o traballo en equipo. Cónstame que moitos incluso volvestes a casa para devolver a Lugo ao sitio que merece e iso e algo que todos e todas as lucenses temos que recoñecer”.

Por último, a Alcaldesa de Lugo destacou “a importancia que ten o traballo de todo o tecido asociativo dos clubs deportivos, que é un importante motor formativo, lúdico e de fomento dos hábitos saudables entre a poboación. Lugo é deporte por moitos motivos, entre os que destaca ese importante esforzo de todos eles”.

Noticias relacionadas