O desenvolvemento desta vía estratéxica permitiría alcanzar un dobre obxectivo: crear os aparcamentos necesarios para a zona e incrementar a fluidez do tráfico.
Durante este encontro, Alvarellos expresou así mesmo a súa preocupación pola falta de avances na apertura dúas aparcamentos dous centros educativos situados na avenida Ramón Ferreiro.
A alcaldesa instou a Javier Arias a non demorar máis os traballos necesarios para a apertura do aparcamento da avenida Breogán e a solucionar os problema de anegamento surdido a raíz das obras desta dotación.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos abordou esta mañá na delegación terriotiral da Xunta diversos proxectos chamados a mellorar a mobilidade en tres zonas da cidade. A rexedora, acompaña polo director xeral de Urbanismo e unha enxeñeira municipal reuniuse co delegado territorial, Javier Arias, e con técnicos autonómicos onde expuxo ao Goberno autonómico culminar a Avenida Vila Verde para crear aparcamento e mellorar a mobilidade en Fontiñas.
“Recentemente ofrecemos unha localización na confluencia de Fontiñas con Rof Codina para que a Xunta dote de aparcamento este barrio tal e como lle solicitei ao presidente Rueda no encontro que mantivemos o verán pasado. A pesar da dúbidas iniciais, loa representantes autonómicos non descartaron esta opción, pero se parecen descartar a posibilidade de construír un aparcamento en altura, cuestionando a viabilidad da proposta do Grupo municipal popular por cuestións técnicas relacionadas coa dificultade de abordar un proxecto deste tipo, o seu alto custo económico e o seu impacto visual”, explicou a rexedora
“Hoxe, con ánimo de que de facilitar a consecución dunha mellora real da mobilidade en Fontiñas e gañar prazas de aparcamento propuxemos unha alternativa que se suma á anterior e que consiste basicamente en enlazar os dous tramos existentes Avenida Vila Verde, opción que se comprometeron a estudar”, informou Alvarellos. “A culminación desta vía estratéxica permitiría alcanzar un dobre obxectivo. Por unha banda, grazas á súa considerable sección de 22 metros prevista na o ordenación municipal poderíanse crear os aparcamentos necesarios para a zona e por outra, axilizaríase o tráfico e poñeríase remedio para o efecto túnel que sofre historicamente Fontiñas”, manifestou Alvarellos Fondo.
Durante este encontro, Alvarellos expresou así mesmo a súa preocupación pola falta de avances na apertura dos aparcamentos dos centros educativos situados na avenida Ramón Ferreiro. “É fundamental que o goberno autonómico cumpra co seu compromiso e poña disposción da cidadanía esteas dotación infrautilizadas”, afirmou a rexedora. “poden abrir cando consideren, do mesmo modo que fixo a Deputación provincial no Fogar de Santa María”, dixo.
Por último, a alcaldeasa instou a Javier Arias a non demorar máis os traballos necesarios para a apertura do aparcamento da avenida Breogán. “É necesario que antes lle dean solución ao problema de anegamento que se xerou coa construcción deste aprcadoiro. Para iso, o Concello porá a disposición da Xunta os terreos públicos necesarios para solucionar o problema”, dixo.
“Non podemos permitir que a falta de acción continúe afectando os nosa veciñanza. A mobilidade e o acceso aos servizos son dereitos fundamentais que debemos garantir”, declarou a alcaldesa. Alvarellos concluíu a súa intervención reafirmando o seu compromiso coa mellora da infraestrutura da cidade e a atención ás necesidades dos lucenses, instando a todos os actores involucrados a traballar xuntos para lograr solucións efectivas e rápidas.



