Parabéns da alcaldesa na recepción ao equipo de triatlón do Cidade de Lugo Fluvial pola súa excelente tempada

Paula Alvarellos recibiu a máis de 40 integrantes deste club, do que destacou “os seus case 35 anos de historia, os éxitos nacionais e internacionais e a súa contribución para facer de Lugo unha cidade saudable e con paixón polo deporte”.

 
Mércores, 02 de outubro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Parabéns da alcaldesa na recepción ao equipo de triatlón do Cidade de Lugo Fluvial pola súa excelente tempada

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu esta tarde aos máis de 40 deportistas do Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial, equipo a quen felicitou pola súa excelente tempada, que entre outros logros conseguiu, por noveno ano consecutivo, o Campionato da Liga nacional de clubs de triatlón feminina; o subcampionato en Triatlón masculino, que se suma a outros oito podios en nove anos; e o triunfo máis alto na Liga Nacional talento masculina.  

A rexedora municipal eloxiou ao club “pola súa historia, xa que foi fundado hai case 35 anos, pero sobre todo pola súa incrible traxectoria, sendo o equipo español con máis ligas no seu palmarés e o único de todo o país capaz de vencer nas dúas categorías da Liga Nacional en sete anos”. Ao marxe dos moitos éxitos deportivos que avalan a traxectoria e o compromiso do equipo, Paula Alvarellos, destacou “a canteira dun club que é toda unha referencia no mundo do triatlón en España, con máis de 200 licenzas”, ao tempo que destacou “a súa contribución para facer de Lugo unha cidade con paixón polo deporte pero tamén saudable, verde e sostible, para a práctica destas disciplinas deportivas en alza”. 

Multimedia

  • Parabéns da alcaldesa na recepción ao equipo de triatlón do Cidade de Lugo Fluvial pola súa excelente tempada

Noticias relacionadas