Os edís Mauricio Repetto e Olga Racamonde participan na inauguración da nova sede de Cáritas, no antigo Palacio de Velarde

Mércores, 15 de maio de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os edís Mauricio Repetto e Olga Racamonde participan na inauguración da nova sede de Cáritas, no antigo Palacio de Velarde

Os  concelleiros de Dinamización Económica e de Benestar Social, Mauricio Repetto e Olga Racamonde, respectivamente, participaron na inauguración oficial da nova sede de Cáritas Diocesanas de Lugo, situada no antigo Palacio de Velarde. Neste concorrido acto se visitaron as novas instalacións que prestarán ata 21 servizos, entre outros os do centro de día, acompañamento, atención a mulleres, inmigrantes, persoas con discapacidade ou maiores.

Ambos edís comprobaron na súa visita, xunto ao resto da comitiva, o paso adiante que supón esta nova sede, na céntrica rúa Luis Peña Novo, tanto en espacios como en capacidade de servizos, co obxectivo de continuar un labor que Cáritas leva facendo sesenta anos, e que permite prestar axuda e apoio ás persoas en situacións de exclusión social.

Multimedia

  • Os edís Mauricio Repetto e Olga Racamonde participan na inauguración da nova sede de Cáritas, no antigo Palacio de Velarde

Noticias relacionadas