Venres, 08 de abril de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Corpo de Bombeiros de Lugo expresou este venres a súa solidariedade coa familia de Eloy Palacio, o bombeiro falecido onte durante un incendio en Oviedo. Do mesmo xeito, os efectivos do Servizo de Extinción de Incendios amosaron a súa profunda consternación por este suceso e trasladaron as súas condolencias aos familiares, compañeiros e amigos do ámbito profesional, así como o seu recoñecemento polo servizo público que realizaba Eloy Palacio cando se derrubou o inmoble no que estaba traballando.