Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Os bombeiros de Lugo trasladan as súas condolencias aos compañeiros e familiares do bombeiro falecido onte en Oviedo

Os bombeiros de Lugo trasladan as súas condolencias aos compañeiros e familiares do bombeiro falecido onte en Oviedo

  • Tema
    • Solidariedade,
    • Protección da comunidade
Venres, 08 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Os bombeiros de Lugo trasladan as súas condolencias aos compañeiros e familiares do bombeiro falecido onte en Oviedo

O Corpo de Bombeiros de Lugo expresou este venres a súa solidariedade coa familia de Eloy Palacio, o bombeiro falecido onte durante un incendio en Oviedo. Do mesmo xeito, os efectivos do Servizo de Extinción de Incendios amosaron a súa profunda consternación por este suceso e trasladaron as súas condolencias aos familiares, compañeiros e amigos do ámbito profesional, así como o seu recoñecemento polo servizo público que realizaba Eloy Palacio cando se derrubou o inmoble no que estaba traballando. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/os-bombeiros-de-lugo-trasladan-suas-condolencias-aos-companeiros-e-familiares-do-bombeiro