O servizo de Protección Civil de Lugo conta dende hoxe cun novo vehículo de apoio para atender as incidencias

Miguel Fernández recibiu este martes en Santiago de Compostela o novo furgón con capacidade para 9 persoas, o primeiros destas características cos que conta o Parque Móbil do Concello

Martes, 15 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O servizo de Protección Civil de Lugo conta dende hoxe cun novo vehículo de apoio para atender as incidencias

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, recibiu este martes na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela o novo vehículo tipo furgón mixto destinado a Protección Civil de Lugo, que a Xunta de Galicia entregou esta mañá aos servizos de emerxencias das sete grandes cidades galegas. Con esta incorporación, o servizo de Protección Civil de Lugo suma un novo vehículo que vén a ampliar a súa flota, composta ata o de agora por 3 vehículos.

Miguel Fernández subliñou a necesidade deste novo vehículo, para facilitar e axilizar as intervencións, pois trátase dun coche de maior amplitude que os actuais, totalmente equipado con material luminoso, sonoro e botiquíns, todo elo para facer máis doada a tarefa dos voluntarios de Protección Civil. Neste senso, o edil lembrou que Protección Civil non saoamente actúa en caso de incendios ou inundacións, senón que tamén axuda, por exemplo, ao traslado de persoas. “Trátase pois dun servizo que merece ser prestados nas mellores condicións, tanto para os propios voluntarios como para os lucenses”, asegurou Fernández.

O furgón ten capacidade para 9 ocupantes, o primeiro destas característas cos que conta o Parque Móbil do Concello, unha terceira fila de asentos abatible, potencia mínima de 120CV, gancho de remolque fixo, caixa de primeiros auxilios, extintor de pó ABC de 6 quilos, 2 lanternas de led, ponte de luces de led cun mínimo de 44 led e 2 focos tipo microled, entre outras características.

Multimedia

  • O servizo de Protección Civil de Lugo conta dende hoxe cun novo vehículo de apoio para atender as incidencias

Noticias relacionadas