O San Froilán entre as mellores festas do outono de España, segundo o comparador de aloxamentos Niumba de TripAdvisor

Carmen Basadre amosou a súa satisfacción por esta recomendación, que servirá para reforzar tanto o incremento de viaxeiros como a cidade Lugo

Martes, 25 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O comparador de aloxamentos Niumba, www.niumba.com, destaca o San Froilán de Lugo entre as mellores festas do outono en España, ensalzando que esta festa congrega a multitude de visitantes nos distintos actos programados cada ano, chegando a máis de duascentas nesta última edición, que contou cunha afluencia de máis de 600.000 persoas.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, amosou a súa satisfacción por esta recomendación, que “servirá para reforzar tanto o incremento de viaxeiros a estes festexos declarados de interese turístico galego e nacional como a cidade Lugo”.

A edil tamén lles agradeceu a todos os visitantes que viñeron a Lugo e participaron en todas as actuacións e actividades programadas, destacando que “seguiremos traballando para que sexan declaradas de interese turístico internacional”.

Niumba, de TripAdvisor, é o portal líder en aluguer vacacional en España. Conta con máis de 100.000 propiedades repartidas por todas as zonas turísticas do país: grandes núcleos urbanos, praias, estacións de esquí e zonas rurais.

Viaxeiros de todo o mundo visitan Niumba diariamente para atopar un lugar onde pasar as súas vacacións e escollen entre as diferentes opcións de aluguer vacacional que se anuncian no portal: apartamentos, casas rurais, bungalows, vilas, hoteis rurais, albergues, entre outros.

Audio

  • Carmen Basadre, sobre o posicionamento do San Froilán entre as mellores festas do outono de España |Descargar mp3

Noticias relacionadas