O Pleno aproba o convenio para delegar na Administración autonómica os procesos selectivos da Policía Local

O Goberno sacou adiante na Mesa Xeral de Negociación a convocatoria de 26 novas prazas de axente para cubrir o 100% das xubilacións xa producidas este ano

Xoves, 28 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Corporación municipal aprobou no Pleno deste xoves a sinatura dun convenio de colaboración para delegar na Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia as competencias en materia de convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos para o acceso ás diferentes categorías do corpo da Policía Local. O Executivo confía en que este instrumento sirva para axilizar o axeitado dimensionamento da plantilla de axentes, sobre todo despois da entrada en vigor, o 2 de xaneiro, do Real Decreto Lei que regula a xubilación anticipada dos policías.

Neste senso, o Goberno sacou adiante onte mesmo na Mesa Xeral de Negociación, co voto a favor de todos as forzas sindicais representadas neste órgano excepto a CIG, a súa proposta de ampliar a oferta pública de emprego do 2018 coa convocatoria de 26 prazas de Policía Local para cubrir o 100% das xubilacións que xa se produciron este ano.

A día de hoxe teñen solicitada a xubilación, pero non a fixeron efectiva, outros 6 axentes da Policía, prazas que se incluirán na oferta pública de emprego deste 2019 para cubrilas.

Coas 26 prazas de Policía Local acordadas onte na Mesa Xeral de Negociación, son 45 as incluídas nas catro ofertas de emprego público que sacou adiante o Goberno (2015, 2016, 2017 e 2018), das cales 10 son para inspector.

Audio

  • A alcadesa Lara Álvarez, sobre os procesos selectivos da Policía Local | Descargar mp3

Noticias relacionadas