O Plan Piles de Inserción Laboral, que financia o Concello, emprega a 30 traballadores con especiais dificultades para acceder ó mercado laboral

Martes, 26 de outubro de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, visitaron a obras que se levan a cabo dentro do Plan Piles, o Plan de Inserción Laboral e Emprego Social que ten en marcha o Concello.

Na visita que efectuou a obras de mellora de beirarrúas de Lamas de Prado e a Ronda do Carmen, o Alcalde salientou que “este plan dá traballo a 30 persoas que teñen dificultades para a súa inserción laboral”. De feito para acceder ás prazas de peón os requisitos eran ter máis de 35 anos, ter unha discapacidade que permitira desenvolver

O investimento do Concello neste plan é de 590.000 euros e grazas a el “realízanse obras de aseo urbano, tanto na cidade como no medio rural, xa que se traballa tanto no arranxo de beirarrúas como nos desbroces”, como explicou López Orozco. Son actuacións que se desenvolven a través das Concellerías de Infraestruturas e de Medio Ambiente e Zona Rural.

O Alcalde indicou que desque comezou o plan Piles 2010, en xullo deste ano, arranxáronse ao redor de 550 metros cadrados de beirarrúas en distintos puntos da cidade.

Ata o de agora efectuáronse as seguintes obras:

-Na Avenida das Fontiñas e Ronda das Mercedes: reparación das dúas beirarrúas e reparación dun treito por unha fuga de auga.

-En Lamas de Prado: reparación das dúas beirarrúas.

-No Sagrado Corazón, ata Fontaneira: construción dunha beirarrúa formigonada.

-Camiño de Roca: arranxo de parte da beirarrúa

-Camiño verde: arromanzo de parte das dúas beirarrúas

-López Guntín: arranxo nunha beirarrúa

-Dona Urraca: arranxo das dúas beirarrúas

-Ronda do Carmen: reparación de parte dunha beirarrúa

-Montefaro: reparación de varias baldosas e dunha fuga.

-Venancio Senra: reparación duns 50 metros cadrados da acera dereita.

-Carlos Azcárraga: arranxo dunha beirarrúa.

-Montirón: realización dun bado.

-Rof Codina: arranxo de parte da beirarrúa.

-Miguel de Cervantes: rebaixe da rúa para un garaxe.

 

Multimedia

Noticias relacionadas