As visitas guiadas, terán lugar todos os venres, sábados e domingos de setembro.
Os obradoiros baixo o título “As Aventuras no bosque de Maruxa, Xaquín e Fuço” serán os días 4, 11 e 18 de setembro.
A inscrición para as diferentes actividades debe realizarse a través do enderezo electrónico lifealcaldia@lugo.gal.
O bosque urbano alberga un arboretum con 15.000 exemplares e cultivos enerxéticos, así como 8 bosques autóctonos galegos con 55 especies arbóreas.

O bosque urbano das Gándaras, impulsado pola alcaldesa Lara Méndez, continua no mes de setembro cas visitas guiadas, xornadas de portas abertas e obradoiros infantis ca finalidade de achegar á cidadanía as singularidades deste novo pulmón, enmarcado no proxecto LIFE Lugo+Biodinámico.
Unha ocasión perfecta na que se abre este espazo ao conxunto dos lucenses, pois a vexetación atópase en período de implantación e estanse a realizar actividades do proxecto, polo que o acceso ás parcelas limitouse ao persoal da Universidade, encargado de realizar tarefas de investigación e mantemento das diferentes especies. A través desta iniciativa, na que o Concello traballa da man das investigacións da Universidade de Santiago (Campus Terra) e a Universidade Politécnica de Madrid, Lugo convértese en cidade impulsora do deseño das urbes sostibles do futuro para conseguir barrios e espazos neutros en carbono, ao mesmo tempo que impulsa a economía verde e circular, buscando novos modelos produtivos baseados no desenvolvemento de todo o potencial dos recursos naturais dispoñibles.
Visitas guiadas
As visitas guiadas ao Bosque urbano das Gándaras, terán lugar todos os venres, sábados e domingos de setembro serán de balde, previa preinscrición a través do enderezo electrónico lifealcaldia@lugo.gal e nelas se aplicarán todos os protocolos de seguridade sanitaria para eventos en exteriores, cun máximo de 20 persoas por sesión e actividade.
Estas visitas serán desenvolvidas por guías profesionais que acompañarán ás persoas asistentes a través dos traballos no bosque urbano, repartindo as visitas en tres roteiros, dous en horario de mañá, específicos, e un completo pola tarde.
Na quenda da mañá serán:
Ás 10:00 h, visita á área de Frondosas, Cultivos enerxéticos e o Souto. Duración estimada, unha hora.
Ás 11.30 h, visita á parcela de Aromáticas, Arboretum e Humidal das Gándaras-O Ceao. Duración estimada, unha hora.
Na quenda da tarde:
Ás 17:00 h, roteiro completo comezando na Área de Frondosas, Cultivos enerxéticos, Souto, Parcela de Aromáticas, Arboretum e Humidal das Gándaras-O Ceao. Duración estimada, dúas horas.
Xornadas de portas abertas
As xornadas de portas abertas terán lugar, igualmente, todos os venres, sábados e domingos de agosto e setembro en horario de 9:30 a 19:30 horas.
Obradoiros infantis: contacontos musical
Celebraranse tamén obradoiros dirixidos ao público infantil, que incluirán un contacontos musical e unha visita ao bosque urbano mentres se difunden valores medioambientais e sociais relativos ao monte e ao seu coidado.
Estes obradoiros enmárcanse dentro da colaboración do LIFE Lugo+Biodinámico con FEARMAGA (Federación empresarial de aserraderos y rematantes de madera de Galicia), e terán lugar os vindeiros días 4, 11 e 18 de setembro terán lugar os obradoiros baixo o título “As Aventuras no bosque de Maruxa, Xaquín e Fuco“. O horario será, na quenda da mañá, a partir das 11:00 h e, na quenda da tarde, ás 18:00 h. As nenas e nenos que participen recibirán, así mesmo, un exemplar do conto “As Aventuras no bosque de Maruxa, Xaquín e Fuco” e material didáctico do proxecto LIFE Lugo + Biodinámico.
A inscrición aos obradoiros infantís pode realizarse tamén no enderezo electrónico lifealcaldia@lugo.gal.