O mércores 13 o Centro de Convivencia de Fingoi acolle unha lectura dramatizada da obra "Agromar", de Xosé Filgueira Valverde

Esta actividade celébrase co motivo da celebración do Día das Letras Galegas e organizado polo Club de Lectura

Luns, 11 de maio de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social e Igualdade informa que este mércores 13 de maio a partir das 11 horas vaise a desenvolver unha lectura dramatizada de dúas escenas da obra Agromar de Xosé Filgueira Valverde, no Centro de Convivencia de Fingoi.

Esta actividade organizada por integrantes do Club de Lectura do Centro de Convivencia Fingoi quere facer unha homenaxe ao Día das Letras Galegas que se celebra o 17 de maio. A entrada é libre e gratuíta e invitan a todos os cidadáns interesados a que se acheguen a escoitalos.

O grupo que desenvolverá a lectura dramatizada está composto por Oliva Díaz Fernández, Irene Fente Ledo, María Pilar Flores Castro, Purificación Mera Mourelos, Alfredo Pérez Bugedo, María Josefa Quiroga González, Adela Rodríguez Gutiérrez, Juani Singala Serra e baixo a dirección de Ester Pedrouzo Vázquez.

En concreto, este anaco da obra Agromar, publicada en Lugo en 1926, fai referencia a unha noticia dun accidente entre un carro de bois e un coche. Morren os bois e o home que os guiaba. O condutor do automóbil queda malferido e precisa unha transfusión. Os problemas comezan cando o doador de sangue resulta ser un rapazolo da aldea, o que causa suspicacias entre os vilegos. Filgueira clasifica esta obra como teatro escolar, recoñecendo ese teatro como inicial e necesario para a nova Galicia na que naquel intre, contra o ano 1920, estaba a agromar a consciencia de galeguismo.

+ Info

Noticias relacionadas