O luns ábrese o prazo para recoller os vales canxeables por material escolar de educacion infantil que concede o Concello

A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral, informa que a partir do luns 3 de novembro e ata o día 20 de novembro, as persoas que teñen concedida a axuda de material educativo para educación infantil, poderán recoller o vale de 80€.

Xoves, 30 de outubro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Os interesados en recoller o vale deberán acudir ás oficinas da Concellería de Educación, en horario de 9 a 13:30, e ubicada no Centro de Convivencia Uxio Novoneyra 3º planta. Deberán presentar o DNI do solicitante e a certificación onde conste que o alumno ou alumna está matriculado para o curso 2014-2015 e a indicación do curso e centro docente.

Unha vez presentada a certificación, entregaráselle aos solicitantes un vale  para canxear por material educativo nas librerias, por un valor igual ao das axudas concedidas.

Así, as listas definitivas das axudas para material escolar para o segundo ciclo de educación infantil poderán consultarse dende mañá sábado no tablón de edictos do Concello e nas oficinas da Concellería de Educación no Centro de Convivencia Uxio Novoneyra.

Noticias relacionadas