Tómase a medida ante a previsión dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo.
O Concello de Lugo informa de que mañá a primeira hora está previsto que a Área de Transición Ecolóxica proceda ao peche dos parques da cidade ante a chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo, por ventos do sur que poden deixar refachos de ata 80 quilómetros por hora e que afectarán a toda a provincia de Lugo.
Dende Transición Ecolóxica explícase que operarios dos servizos municipais precintarán, por tanto, os parques de Rosalía de Castro, Frigsa, Paxariños e Marcos Cela, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento.
Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.

