Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Goberno Local pechará mañá os parques da cidade ante o aviso de alerta por fortes refachos de vento de ata 80 quilómetros por hora

O Goberno Local pechará mañá os parques da cidade ante o aviso de alerta por fortes refachos de vento de ata 80 quilómetros por hora

Tómase a medida ante a previsión dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Medio ambiente,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade
Sábado, 23 de novembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que mañá a primeira hora está previsto que a Área de Transición Ecolóxica proceda ao peche dos parques da cidade ante a chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo, por ventos do sur que poden deixar refachos de ata 80 quilómetros por hora e que afectarán a toda a provincia de Lugo.

Dende Transición Ecolóxica explícase que operarios dos servizos municipais precintarán, por tanto, os parques de Rosalía de Castro, Frigsa, Paxariños e Marcos Cela, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento.

Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-goberno-local-pechara-mana-os-parques-da-cidade-ante-o-aviso-de-alerta-por-fortes-refachos