O Goberno local acorda elevar ao Pleno unha modificación orzamentaria de 6,4 millóns de euros para reforzar servizos, apoiar o tecido asociativo e amortizar débeda

A Xunta de Goberno extraordinaria aprobou este xoves a proposta, que será agora remitida ao Pleno para a súa validación definitiva.

A modificación inclúe unha partida de máis de 3,3 millóns de euros para amortización anticipada de débeda, co obxectivo de aliviar os orzamentos futuros e reforzar a saúde financeira do Concello.

O alcalde, Miguel Fernández, destaca que esta decisión “reflicte o noso compromiso cunha xestión responsable, que nos permite aforrar recursos e investir no futuro da cidade”.

Xoves, 19 de xuño de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno local acorda elevar ao Pleno unha modificación orzamentaria de 6,4 millóns de euros para reforzar servizos, apoiar o tecido asociativo e amortizar débeda

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo acordou esta mañá, en sesión extraordinaria, elevar ao Pleno unha proposta de modificación orzamentaria por importe de 6.438.119,66 euros, co obxectivo de reforzar servizos públicos, apoiar o tecido asociativo e mellorar a saúde financeira da administración local.

A proposta tramítase mediante a figura dun suplemento de crédito, financiado integramente con cargo ao remanente líquido de tesouraría dispoñible trala liquidación do orzamento municipal de 2024.

O destino máis destacado desta modificación é a amortización anticipada de débeda, á que se reservan 3.304.696,76 euros. “Esta decisión permítenos aliviar os orzamentos dos próximos anos e seguir reducindo o endebedamento municipal, que xa se atopa nun dos niveis máis baixos da última década”, subliñou o alcalde de Lugo, Miguel Fernández.

“É unha mostra da boa saúde financeira do Concello e do noso compromiso cunha xestión rigorosa e responsable, que nos permite aforrar intereses e liberar recursos para novas actuacións no futuro”, engadiu o rexedor.

A modificación incorpora tamén partidas para infraestruturas e servizos municipais, como o axuste dos sistemas de climatización e control de accesos nas instalacións das Caldas do Miño (47.763,24 €), ou a cobertura do IVE do contrato de limpeza de centros municipais(458.153 €).

No eido da protección do patrimonio e do medio ambiente urbano, o Goberno local reserva 15.000 euros para a redacción de documentos técnicos que permitan iniciar o proceso de declaración como BIC do parque Rosalía de Castro, así como a elaboración duninforme sobre o estado das árbores da Volta da Viña, en resposta á preocupación veciñal e como paso previo a posibles intervencións de conservación ou renovación do arborado.

En materia urbanística, resérvanse 950.000 euros para a expropiación de terreos no barrio do Sagrado Corazón, co fin de garantir a dispoñibilidade do solo necesario para futuros equipamentos públicos, entre eles o centro de saúde comprometido coa Xunta de Galicia.

Tamén se inclúe unha partida de750.506,66 euros destinada ao pagamento do canon de verteduras á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, correspondente aos exercicios 2022 e 2023, e 51.000 euros para obras de reparación no Pazo de Feiras e Exposicións, acordadas no último patronato.

A nivel de apoio ao tecido asociativo, a proposta incorpora 135.000 euros para subvencións deportivas (nominativas e en réxime de concorrencia competitiva) e 100.000 euros para o patrocinio ao CD Lugo.

Audio

  • A edil Ana González Abelleira, sobre a modificación orzamentaria | Descargar mp3

Noticias relacionadas