O Goberno de Lara Méndez ofrece formación sobre emprendemento e transformación dixital a medio centenar de mozos e mozas

Faino a través de dous cursos gratuitos nos que se abordarán aspectos fundamentais na posta en marcha dun negocio, así como un acercamento á intelixencia artificial.

As accións formativas, dirixidas a rapaces e rapazas inscritos no sistema de garantía xuvenil, terán unha duración de 7 semanas e están cofinanciadas pola Unión Europea a través do FSE.

Máis información e inscricións a través do enlace: https://incyde.org/reactiva-tu-futuro

Mércores, 08 de marzo de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno de Lara Méndez ofrece formación sobre emprendemento e transformación dixital a medio centenar de mozos e mozas

O Goberno de Lara Méndez ofrecerá formación gratuíta e semipresencial sobre emprendemento e transformación dixital a medio centenar de mozos e mozas, menores de 30 anos, inscritos no sistema de garantía xuvenil. Farao a través dos cursos “Emprendemento xuvenil” e “Emprendemento en industria 4.0 e intelixencia artificial”, que se desenvolverán no marco dun convenio de colaboración entre a área de Desenvolvemento Local e Emprego e a Fundación Incyde, cofinanciados pola UE a través do Fondo Social Europeo.

O primeiro dos cursos dará comezo o vindeiro luns 20 de marzo e as inscricións xa se atopan abertas a través do enlace: https://incyde.org/reactiva-tu-futuro Mentres que a segunda acción formativa celebrarase no segundo trimestre do ano. “En total ofértanse 25 prazas para cada curso e os requisitos para participar son figurar como beneficiario no sistema de garantía xuvenil, ser menor de 30 anos e non estar estudiando nin traballando no momento da formación”, explicou a edil Ana Abelleira.

A duración de ambas formacións será de sete semanas. A primeira e última semana será presencial, nas dependencias do Centro de Innovación e Empresas (CEI Nodus) do Concello, en horario de 10:00 a 13:00 horas, mentres que o resto realizarase vía streaming.

A concelleira subliñou que “nas sesións presenciais impartiranse os contidos xerais do programa, co fin de proporcionar os coñecementos, ferramentas e habilidades esenciais en cada unha das áreas de coñecemento e promover as sinerxias e intercambios de experiencia entre os participantes no mesmo”. Os alumnos e alumnas contarán con asesoría individualizada e un seguimento continuo por parte dos titores ao longo de todo o programa.

Emprendemento xuvenil

O obxetivo fundamental deste cruso é proporcionar unha visión global das distintas áreas funcionais da empresa, para poder determinar oportunidades de mercado e desenvolver o Plan de Empresa, a través do coñecemento das ferramentas de xestión para favorecer a posta en marcha no mercado.

Deste xeito, a estrutura do programa contempla a realización de sesiós grupais, asesorias individualizadas e formación online complementaria, durante 7 semanas de formación, distribuidas nas diferentes áreas de coñecemento: Estratexa Empresarial; Marketing e Tics; Innovación, Creatividade e Transferencia Tecnolóxica; e Finanzas.

Emprendemento en industria 4.0 e intelixencia artificial

Esta acción formativa busca capacitar aos mozos e mozas para deseñar un proxecto de transformación dixital hacia a Industria 4.0 (Factoría Dixital) a partir dunha das súas principais tecnoloxías habilitadoras: a Intelixencia Artificial.

O curso, con compoñente práctico, centrarase nunha aproximación ás aplicacións da Factoría Dixital, en base os principais desenvolvementos, tecnoloxías, aplicacións ou servizos actualmente existentes no mercado, de forma que permita aos participantes contar cos coñecementos básicos necesarios para desenvolver unha actividade por conta allea ou propia como xestor de proxectos de Factoría Dixital en medianas e pequenas empresas industriais.

Tamén busca proporcionar a formación teórica, a capacitación tecnolóxica básica, o coñecemento práctico, contando co adecuado apoio e monitorización de especialistas para que isto sexa posible. Coa realización deste curso, ademáis, profundizarase nos sectores de actividade de maior capacidade de desenvolvemento futuro, ao tempo que se darán a coñecer as distintas tecnoloxías e aplicacións existentes, as posibles solucións que cada unha delas aporta e a forma idónea de utilizalas.

Todos estes conceptos se reforzarán a través do módulo de prácticas a desenvolver durante as catro semanas centrais da programación do curso. Trala aproximación ás tecnoloxías e conceptos traballados, o curso centraráse en integrar as opcións co alumno identifique, nun contexto próximo e real que lle permita abordar ou consolidar unha iniciativa de carácter empresarial.

Para elo traballarase cómo se integran os conceptos aprendidos cos xa tradicionais en Xestión Empresarial como son os relacioados coa Xestión de Operacións ou o Marketing, así como os aspectos necesarios para desenvolver un Plan Financeiro específico e a sua integración co marco xurídico-Fiscal actualmente existente.

Noticias relacionadas