O Garañon terá todos os seus accesos tapados para impedir que volvan a acceder persoas no seu interior

O concelleiro, recalcaba que “resolvimos ordenar á propiedade que proceran de xeito inmediato para impedir que as persoas accedan de forma fácil ao interior, e evitar un uso non adecuado do edificio”

O edil quiso facer “un chamamento á cidadanía para que manteñan un comportamento exemplar, e en caso de incumprimento actuaranse conforme á legalidade, debendo asumir as responsabilidades”

Luns, 03 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Garañon terá todos os seus accesos tapados para impedir que volvan a acceder persoas no seu interior

O edil de Urbanismo, Miguel Couto supervisou esta maña o peche de O Garañon. O concelleiro, recalcaba que “resolvimos ordenar á propiedade que proceran de xeito inmediato para impedir que as persoas accedan de forma fácil ao interior, e evitar un uso non adecuado do edificio”.

Un grupo de operarios, selaron os accesos con chapa metálica e cegaron con ladrillos e cemento o resto de accesos, polo que dende esta semana o Garañon terá todos os seus accesos tapados para impedir que volvan a acceder persoas no seu interior. O goberno local requeriu á propietaria de tomar esta medida “Lembrando que é responsabilidade do titular do inmoble garantir que non se poida acceder ao mesmo e debe de dispoñer de todos os medios ao seu alcance para alcanzar o obxectivo polo perigo inminente que a deterioración da edificación supón para a seguridade das persoas" explicaba Couto.  

O edil quiso facer “un chamamento á cidadanía para que manteñan un comportamento exemplar, e en caso de incumprimento actuaranse conforme á legalidade, debendo asumir as responsabilidades” xa que o Concello non pode converterse no  garante de que non se acceda ao edificio, pois o seu labor limítase ao cumprimento da legalidade en canto ao peche e limpeza da parcela, aspecto que xa mandou executar mediante unha orde que hoxe ve como se executa grazas á predisposición e colaboración do actual responsable do inmoble.

Audio

  • O edil de Urbanismo, Miguel Couto, sobre o edificio do Garañon | Descargar mp3

Noticias relacionadas