A CHMS outorga ao Concello de Lugo unha concesión de 50 anos sobre o complexo para destinalo á divulgación de usos sostibles da auga e enerxías renovables e outros usos culturais xa previstos no marco do PSTD.
Unha vez definidos os termos do acordo na reunión de hoxe, o documento será elevado este mércores á Xunta de Goberno Local para a súa inminente firma por ambas as partes.
“Grazas a este acordo imos cumprir un triplo obxectivo: poñeremos en valor un inmoble cun valor histórico e patrimonial incuestionable, levaremos a cabo un gran traballo divulgativo á vez que poñeremos en valor a nosa enogastronomía”, sinalou a alcaldesa.
"Este é un paso para importantísimo darlle unha nova vida a ese patrimonio etnográfico tan importante para os lucenses na ribeira do río”, sinalou o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos e o presidente da Confederación Hidrográfica, José Antonio Quiroga, acompañados por técnicos de ambas as administracións mantiveron esta mañá un encontro no edificio Impulso Verde para ultimar o acordo que permitirá poñer en valor de xeito integral a antiga Fábrica da Luz e a súa contorna.
“Grazas a este convenio imos cumprir un triplo obxectivo: por unha banda poñeremos en valor un inmoble cun valor histórico e patrimonial incuestionable e por outro levaremos a cabo un traballo divulgativo moi importante vinculado cos nosos recursos naturais á vez que poñeremos en valor o mellor da nosa enogastronomía creando un centro turístico referente para toda Galicia. O nome de Lugo sempre estará vinculado a excelencia gastronómica e debemos capitalizar esa potencialidade en beneficio dá nosa coidade”, sinalou a rexedora.
Unha vez definidos os termos deste convenio, o documento será elevado este mércores á Xunta de Goberno Local para a súa inminente firma. A través deste acordo, a CHMS outorga ao Concello de Lugo unha concesión sobre a Fábrica da Luz para destinar o complexo á divulgación de usos sostibles da auga e enerxías renovables, e outros usos culturais previstos como os xa anunciados dentro das iniciativas enmarcadas dentro do Plan de Sontenibilidade Turística.
Deste xeito, o Goberno local farase cargo da rehabilitación e adaptación do edificio para os seus novos usos. Pola súa banda, a CHMS conservará a posesión dos elementos anexos ao edifico e velará pola súa posta en valor e conservación. Así, a contorna da Fábrica da Luz recuperará o seu esplendor e elementos como a represa de captación, a canle de restitución e o resto de caneiros vinculados con este complexo serán recuperados e utilzazos para levar a cabo un traballo de divulgación.
En relación con este asunto, o presidente da Confederación, José Antonio Quiroga, destacou a importancia de poñer ao dispor da cidadanía este espazo na contorna fluvial e resaltou a liña de colaboración entre ambas as administracións para lograr este obxectivo. “Este é un paso para importantísimo darlle unha nova vida a ese patrimonio etnográfico tan importante para os lucenses na ribeira do río”, sinalou Quiroga.
“A Fábrica da Luz ten un valor estratéxico dentro do noso proxecto para Lugo. A súa recuperación permitirá posicionar ao noso municipio como un destino enogastronómico de referencia á vez que poñerá en valor a nosa historia e a importancia dos nosos recursos naturais, o que sen dúbida repercutirá na dinamización do tecido produtivo a nivel local”, concluíu a rexedora.
Esta concesión terá unha vixencia de 50 anos coa o posibilidade de prorrogalo ata un máximo de 75 anualidades. Ademais, para o desenvolvemento desta colaboración establécese unha comisión mixta que estará composta por dous representantes de cada parte. O órgano coordinará as actuacións relacionadas con este obxectivo común e levará a cabo un traballo de control sobre a execución do acordo e dos compromisos adquiridos por ambas as administracións.




