O Executivo de Paula Alvarellos abre unha consulta pública para incorporar achegas cidadás á futura ordenanza que regulará a Zona de Baixas Emisións

Deste xeito, ábrese un proceso participativo que ten por obxectivo recompilar achegas da veciñanza para que posteriormente os técnicos que traballan na confección do documento poidan avaliar a súa idoneidade para incorporalas ao texto final.
 
A cidadanía pode facer chegar as súas opinións a partir do luns e por un prazo de 15 días indicando o seu nome e apelidos ou denominación social, mediante correo electrónico dirixido a ordenanzazbe@lugo.gal.

Sábado, 16 de novembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Paula Alvarellos abre unha consulta pública para incorporar achegas cidadás á futura ordenanza que regulará a Zona de Baixas Emisións

O Executivo de Paula Alvarellos abre unha consulta pública para incorporar achegas cidadás á futura ordenanza que regulará a Zona de Baixas Emisións. Deste xeito, o Goberno local continúa avanzando na elaboración da ordenanza da futura ZBE coutada dentro do Centro histórico. Así, e  cumprindo coa normativa vixente, o Concello de Lugo articula este proceso participativo que ten por obxectivo recompilar achegas da veciñanza para que posteriormente os técnicos que traballan na confección do documento poidan avaliar a súa idoneidade para incorporalas ao texto final.
 
A cidadanía pode facer chegar as súas opinións a partir do luns e por un prazo de 15 días hábiles indicando o seu nome e apelidos ou denominación social, mediante correo electrónico dirixido a ordenanzazbe@lugo.gal. Poderán participar nesta fase de consulta pública,  aqueles cidadáns e cidadás, empresas, organizacións e asociacións que consideren que resultan parte interesa pola futura norma.
 
As Zonas de Baixas Emisións son áreas urbanas co acceso, a circulación e o estacionamento dos vehículos regulado. O propósito principal das ZBE, obedece ao imperativo ao que obriga a Lei de Transición Enerxética para os concellos de máis de 50.000 habitantes e que vén definida pola lexislación europea. O seu obxectivo é mellorar a calidade do aire nas áreas urbanas, reducindo o consumo de combustibles fósiles e mitigar os efectos do cambio climático.

Noticias relacionadas