O Executivo de Miguel Fernández transforma a avenida de Madrid cunha obra de humización que inclué a plantación de máis dun centenar de árbores

A actuación mellorará a resiliencia urbana aportando espazos de sombra completando así un corredor arbóreo que percorre a trama urbana desde o cinto verde ata o Centro Histórico.

En total, plantaranse 114 árbores de gran porte que incluen exemplares como liquidámbares, arces ou acacias que se completan con máis de 500 m² de arbustos e cubresolos entre a Avenida Xosé Castiñeira e a rotonda da Filarmónica Lucense.

 “O obxectivo é potenciar dunha maneira extraordinaria o valor estético e ambiental dunha avenida emblemática, creando unha paisaxe urbana máis acolledora e sostible. Unha iniciativa única que reforza o noso proxecto de cidade”, sinalo o alcalde.

Xoves, 06 de novembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Miguel Fernández transforma a avenida de Madrid cunha obra de humización que inclué a plantación de máis dun centenar de árbores

O Concello de Lugo vén de poñer en marcha unha nova intervención de mellora urbana e ambiental na Avenida de Madrid, un dos principais accesos á cidade. A actuación, enmarcada no Eixo de Infraestrutura Verde impulsado por Trasnción Ecolóxica, suporá a plantación de máis dun centenar de árbores de diferentes especies, a reparación e ampliación do sistema de rego automático, a sementeira de céspede e a renovación dos espazos axardinados e medianas.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, destacou que “esta obra representa un novo paso na estratexia de humanización dos espazos públicos e na mellora da súa resiliencia fronte ao cambio climático e un novo fito na arquitectura paisaxística da nosa cidade completando así un corredor arbóreo que percorre a trama urbana desde o cinturón verde ata o Centro Histórico. Queremos que a Avenida de Madrid sexa non só unha vía de entrada, senón tamén unha porta verde que dea a benvida a quen chega á nosa cidade”.

A plantación de novas árbores de gran porte –como Liriodendron tulipifera (árbore dos tulipáns), Liquidambar styraciflua (líquidambar), Acer x freemanii (arce vermello híbrido), Gleditsia triacanthos ‘Sunburst’ (acacia de tres espiñas dourada) e exemplares illados de Fagus sylvatica (faia europea) e Ilex aquifolium (acevo)– contribuirá a embelecer unha das arterias máis transitadas de Lugo. En total, plantaranse 114 árbores e máis de 500 m² de arbustos e cubresolos entre a Avenida Xosé Castiñeira e a rotonda da Filarmónica Lucense que se estima que na próxima década poderá abosrver máis de 25 toneldas de emisións contamiantes.

Este profundo traballo de transformación da paisaxe urbana, que comeza hoxe e se prolongará ao longo das próximas semanas, inclúe a creación dun tapizado arbustivo nas rotondas e medianas desta avenida con especies como a Azalea (azalea), Tulbaghia violacea (ajo ornamental), Verbena bonariensis (verbena de Buenos Aires) ou Parrotia persica Vanessa (árbore de ferro persa).

“O obxectivo é potenciar dunha maneira extraordianria o valor estético e ambiental dunha avenida emblemática na zona sur da cidade, creando unha paisaxe urbana máis acolledora e sostible. Será un espazo máis agradable para a cidadanía nunha zona residencial en expansión, educativa por excelencia e de tránsito cara o cinto verde, xusto na unión do paseo do Rato co paseo do Miño e conectando o corredor arbóreo ata o Centro Histórico”, explicou o rexedor.

A nova cuberta vexetal permitirá mellorar a capacidade de absorción de CO₂ e incrementar a sombra dispoñible, reducindo o efecto de illa de calor nas zonas de tránsito e espera. “O verde é a mellor ferramenta que temos para adaptarnos ao cambio climático: as árbores regulan a temperatura, reteñen auga e xeran confort térmico en episodios de calor extremo”, sinalou Fernández, quen lembrou que o proxecto “forma parte dunha estratexia global que aposta por unha cidade máis habitable e saudable”.

O reforzo do sistema de rego automático e a recuperación do céspede nas medianas contribuirán tamén á regulación térmica e á mellora da calidade do aire o permitirán que o solo conserve as caraterísticas adecuadas para o desenvolvemento. Estas accións completan un deseño pensado para integrar funcionalidade e estética, favorecendo o benestar de peóns e condutores.

A actuación abrangue catro tramos principais de medianas e tres rotondas, cunha superficie total de máis de 3.000 m². Ademais do novo arborado, inclúe a reparación das instalacións danadas en anteriores obras, a mellora da drenaxe superficial e a renovación da sinalización horizontal e ornamental. “Esta intervención é un exemplo de como o coidado da paisaxe urbana pode ser tamén unha política de sustentabilidade. Lugo aposta por transformar as súas entradas en espazos que reflictan o carácter verde, acolledor e comprometido da cidade”, concluíu o alcalde.

Audio

  • O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, sobre a mellora urbana e ambiental na Avenida de Madrid | Descargar mp3

Multimedia

  • O Executivo de Miguel Fernández transforma a avenida de Madrid cunha obra de humización que inclué a plantación de máis dun centenar de árbores
  • O Executivo de Miguel Fernández transforma a avenida de Madrid cunha obra de humización que inclué a plantación de máis dun centenar de árbores

Noticias relacionadas