O Executivo de Lara Méndez impulsa a adxudicación da cafetería do Vello Cárcere cun canon simbólico que faga atractiva a concesión

A área de Contratación, que culminou xa a actualización dos pregos, fixou unha cota mínima de 100 euros mensuais que incremente o interese emprendedor.

A Xunta de Goberno autorizará este mércores un novo procedemento da licitación no que se terán en conta as melloras estéticas que se fagan no edificio, así como a proposta de actividade máis innovadora.

O Executivo local leva investido preto de 30.000 euros para mellorar esta parte do inmoble e incrementar a súa accesibilidade.

Luns, 06 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Executivo de Lara Méndez impulsa a adxudicación da cafetería do Vello Cárcere cun canon simbólico que faga atractiva a concesión

A tenenta de alcaldesa e concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos, anunciou hoxe que este mércores a Xunta de Goberno autorizará o inicio dun novo procedemento de licitación para a xestión da cafetería do Vello Cárcere, logo de que a área de Contratación actualizara os pregos co fin de facer a adxudicación máis atractiva para o empresariado local, de acordo ao contexto actual e á incerteza económica que derivou da pandemia”.

Así, a edil referiu que “logo de que os anteriores concursos tiveran que declararse desertos pola ausencia de licitadores, dende o Executivo local analizamos as causas que puideron propiciar que non se presentaran ofertas e optamos por reducir o canon ata facelo practicamente simbólico, tratando, deste xeito, de fomentar a concorrencia e de minorar o impacto que terá para a empresa adxudicataria afrontar o investimento inicial para poñer o establecemento a funcionar”, sinalou Alvarellos Fondo.

A responsable da área económica debullou, a continuación, outros detalles das bases. “Finalmentea concesión terá un importe mínimo de saída de 100 euros ao mes (1.200 €/ano) e unha duración de dez anos, prorrogable, anualmente, até un máximo de 5 máis,sendo competencia de quen a obteña acometer a instalación de todo o mobiliario e o equipamento e de executar a saída de fumes e a instalación completa de gas”, explicou.

Precisamente – abondou a concelleirapara escoller a oferta máis vantaxosa terase en conta aquela que supoña un maior valor engadido para a cidade, tomando como aspectos moi importantes do mesmo a calidade das melloras e do embelecemento que se realicen na cafetería, a estética máis axeitada para o local así como a proposta máis innovadora. Para o que, as e os interesados, deberán presentar unha memoria na que relaten a forma prevista de organización e de funcionamento da actividade de hostalaría / restauración a realizar, así como unha descrición detallada e a valoración dos medios materiais e do gasto que teñen previsto asumir”.

A este respecto, Paula Alvarellos lembrou que o Executivo de Lara Méndez leva destinado xapreto de 30.000 euros para acondicionar e modernizar as instalacións, ás que se dotou dun acceso independente, nun dos laterais do inmoble, orientado a que a apertura e peche do local non estivera supeditado ao horario do recinto cultural, así como a diferentes melloras relacionadas coa accesibilidade.

A nosa intención é ofrecer unhas boas condicións que incentiven á explotación desta cafetería cuxa entrada en funcionamento, alén de axudar á dinamización da economía local servirá tamén para ampliar a oferta hostaleira da cidade. A súa apertura será, seguro, un revulsivo turístico co que poremos en valor o noso patrimonio histórico, artístico e paisaxístico local, tendo en conta ademais a próxima peonalización que se prevé para a contorna”, concluíu a concelleira.

Audio

  • Paula Alvarellos, sobre a cafetería do Vello Cárcere | Descargar mp3
 

Noticias relacionadas