O edificio municipal Impulso Verde recibe a visita dos alumnos da Fundación Laboral da Construción de Monforte de Lemos

O inmoble continua a desenvolver o seu labor divulgativo, como unha construcción pioneira non só en Galicia senón a nivel nacional.

Venres, 15 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O edificio municipal Impulso Verde recibe a visita dos alumnos da Fundación Laboral da Construción de Monforte de Lemos

Este venres 15 de xullo o edificio Impulso Verde, promovido pola rexedora Lara Méndez, no marco do proxecto LIFE Lugo+Biodinámico, recibiu ao alumnado da Fundación Laboral da Construción  de Monforte de Lemos, nunha visita na que puideron coñecer polo miúdo as especiais características deste inmoble e o resto de accións que están a ser desenvolvidas na contorna.

O Impulso Verde é a primeira construción de carácter público de Galicia levantada en madeira local e é, ademais, o primeiro edificio en España e un dos poucos no mundo en obter a certificación de proxectos FSC, unha prestixiosa garantía que confirma que esta construción non contribúe á deforestación e aposta polo produto local. Deste xeito, este edificio pioneiro convírtese nun referente na loita contra o cambio climático, capaz de xerar con enerxías alternativas o seu propio consumo.

O interese que esperta este edificio no alumnado e profesorado dos diferentes ciclos formativos relacionados coa construción e o traballo en madeira débese ao innovador uso da madeira como elemento estrutural, así coma a súa aposta pola sostibilidade e o consumo enerxético case nulo, reducindo as emisións de CO2 á atmosfera nun 90% con respecto a construcións homólogas de formigón e aceiro.

Noticias relacionadas