O Contencioso da a razón ó Concello e levanta a supensión das oposicións da Policía Local

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, informou do auto dictado polo Xulgado Contencioso Administrativo de Lugo que levanta a suspensión cautelar das probas de oposición para a Policía Local e permite que comecen con plena normalidade o martes 25 de setembro, tal e como estaba previsto dende a súa convocatoria.

Esta resolución, confirma que o proceso seguido dende o Goberno local é un proceso totalmente claro e transparente.

Recordemos que este auto é o resultado dun recurso realizado a principios de setembro por dous policías que traballaron como interinos na Policía Local e que non podían presentarse ós exames por rebasar o límite de idade permitido pola lei.

A decisión xudicial recolle a posibilidade de que estas dúas persoas accedan ás probas selectivas, sen paralizar, iso si, o proceso contencioso que segue adiante.

Mañá ás 8:00 da mañá comezarán as probas para 80 opositores que optan a 16 prazas de Guardia na Policía Local de Lugo. Estes examen darán comezo cun exame médico na Clínica Fremap na Avenida das Américas, e continuarán con probas físicas e teóricas ata o venres.

Noticias relacionadas