Ambas as dúas actuacións, cun orzamento total duns 4.600 euros, responden a peticións veciñais. Ademais, melloran a contorna urbana con elementos que garanten a mobilidade e o tránsito de peóns

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, achegouse ata Lamas de Prado, onde o Concello está realizando a reparación dun treito de beirarrúa. Estas tarefas son necesarias para posteriormente instalar un tramo duns 26 metros de varanda que quedou pendente de colocar no verán pasado, debido a que o pavimento da beirarrúa estaba moi deteriorado e impedía a súa colocación. A varanda servirá de separación debido ao desnivel existente entre a beirarrúa e a finca colidante.
Ambas as dúas actuacións, cun orzamento total duns 4.600 euros, responden a peticións veciñais. Ademais, melloran a contorna urbana con elementos que garanten a mobilidade e o tránsito de peóns.