O Concello realiza tarefas de poda en preto de 1.600 árbores situadas nas zonas verdes e rúas da cidade

Daniel Piñeiro supervisou estes traballos, que comezaron esta semana polo casco histórico e continúan nas próximas semanas por toda a cidade

Venres, 21 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello realiza tarefas de poda en preto de 1.600 árbores situadas nas zonas verdes e rúas da cidade

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, supervisou este venres na Praza da Constitución as tarefas de poda do arboredo existente que está a realizar o Concello en preto de 1.600 árbores da cidade, das que unhas 900 están distribuídas polas rúas e 650 atópanse nas zonas verdes.

Tal e como adiantou o edil, os traballos, que comezaron esta semana polo casco histórico, desenvolvéronse nas prazas Maior, Campo Castelo e Soidade. Para estas tarefas está destinado un equipo de catro operarios cun elevador.

As tarefas de poda continuarán pola Avenida de Ramón Ferreiro, rúa Puro Cora, Parque Rosalía de Castro, Ronda da República Arxentina ou Ronda do Carme, entre outras. Para realizar estes traballos, a entidade local conta ademais con outro equipo manual conformado por tres operarios, que acometen a poda das árbores situadas nas rúas da cidade e que actualmente está a preparar o arboredo situado na rúa Camiño da Roca.

Multimedia

  • O Concello realiza tarefas de poda en preto de 1.600 árbores situadas nas zonas verdes e rúas da cidade

Noticias relacionadas