Os traballos de reparación esixirán manter cortado un pequeno tramo da vía
- Tema

A concellería de Medio Ambiente procederá mañá luns a reparar a fonte que se atopa na Estrada Vella de Santiago.
“Trátase dunha actuación, de baixo custo, pero moi importante para a veciñanza deste barrio, como así nolo trasladaron en días pasados, que terá como obxecto localizar unha pequena fuga que afecta á construción e que está a deteriorar o firme da beirarrúa”, refire Álvaro Santos.
O edil responsable da área explica tamén que o propósito da intervención municipal será non só o de arranxar a avaría senón tamén limpar o verdello que ocasionou a perda de auga, así como a reposición, ao seu estado orixinal, do pavimento.
A obra terá un custo de 1585’12 euros e, para acometela, o Concello procedeu xa na xornada de onte a delimitar o tramo da calzada na que se desenvolverán os traballos.