O Concello pechará mañá os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro debido á alerta amarela activada por vento

A entidade local pecha estes parques municipais como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante a alerta que decretou a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Xoves, 07 de xaneiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo informa de que dende primeira hora de mañá venres quedarán pechados ao público os parques da Milagrosa e Rosalía de Castro, como medida de prevención para garantir a seguridade cidadá ante a alerta amarela por vento con rachas de 80 quilómetros por hora que decretou a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior. O peche dos parques manterase durante todo o día, aínda que poderá levantarse en función da evolución do fenómeno metereolóxico adverso que afecta a toda a comunidade autónoma.

Noticias relacionadas