O Concello mobiliza un dispositivo especial de limpeza e seguridade para a festa da Carballeira

O operativo de limpeza estará composto por 16 operarios e 9 máquinas e a Policía Local despegrará un servizo integrado por tres unidades móbiles

Martes, 20 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo ten preparado un dispositivo especial de limpeza con motivo da celebración da festa da Carballeira, que terá lugar mañá mércores. O operativo posto en marcha pola entidade local estará composto por 16 operarios (4 condutores, un maquinista e 11 peóns equipados con sopradores) e 9 máquinas (un camión recolector, un camión satélite, dúas varredoras de calzada, unha varredora de beirarrúas, unha cisterna, unha hidrolimpadora, un equipo mixto e un camión de caixa aberta). Este servizo de limpeza, que prestará especial atención á ruta de subida dende a Carballeira ao centro, prevé ter a zona totalmente limpa ao mediodía do xoves.

No tocante á seguridade, a Policía Local despregará un servizo integrado por tres Unidades Móbiles que permanecerán nas inmediacións da Carballeira ao longo da celebración.

Audio

  • Miguel Fernández, sobre a festa da Carballeira | Descargar mp3

Noticias relacionadas