
Complétase deste xeito a actuación coa que a entidade local puxo a disposición dos veciños e veciñas de 80 prazas gratis no centro de Lugo, garantíndolles un alumeado amplo e intenso, que fai tamén que este aparacadoiro teña unha nova vistosidade
O Concello acomete estes días tarefas de mellora na iluminación do aparcadoiro do Seminario, ante a demanda e o alto uso da cidadanía dende que a entidade local deu acceso libre á veciñanza a este espazo polas tardes e as fins de semanas. Trátase da instalacións de distintos puntos de luz que iluminen a zona centro de dito aparcadoiro, pois actualmente só existía iluminación nos soportais. Concretamente instalaranse 5 proxectores LED de 75W, que teñen un aforro de 325W cada un con respecto á tecnoloxía convencional de haloxenuros metálicos.
Complétase deste xeito a actuación coa que o Concello puxo a disposición dos veciños e veciñas de 80 prazas gratis no centro de Lugo, garantíndolles un alumeado amplo e intenso, que fai tamén que este aparacadoiro teña unha nova vistosidade, ao tempo que o Concello gaña en eficiencia.
Audio
- O edil Miguel Núñez, sobre as melloras en iluminación | Descargar mp3