O Concello habilita unha varanda renovada na zona do Carme, que reforzará a seguridade e favorecerá a accesibilidade dos peóns

Manuel Núñez, quen comprobou a marcha dos traballos, explicou que esta actuación, por pequena que poida parecer, é importante para mellorar o día a día dos veciños e veciñas, "que están sempre no centro da xestión municipal, tanto nos grandes proxectos como en actuacións cotiás"

Domingo, 01 de outubro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello habilita unha varanda renovada na zona do Carme, que reforzará a seguridade e favorecerá a accesibilidade dos peóns

O Concello de Lugo habilita estes días unha varanda renovada na Ronda da Muralla, á altura da intersección coa rúa do Carme, para reforzar a seguridade das e dos viandantes que transitan por esta zona, e favorecer a accesibilidade. Así o deu a coñecer o Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, quen se achegou pra comprobar in situ a marcha dos traballos.

Manuel Núñez explicou que os veciños e veciñas están sempre no centro da xestión municipal, tanto nos grandes proxectos como en actuacións máis cotiás, pero que son imprescindibles tamén para que se sintan cómodos na súa cidade. Este novo pasamáns, que cambia o tubo por fundición, é unha actuación que permite dar solución a necesidades da cidadanía, e por pequena que poida parecer, é importante para mellorar o día a día da veciñanza.

Nesta liña, o edil lembrou outras actuacións levadas a cabo pola entidade local nas últimas semanas, referíndose, por exemplo, a renovación doutra varanda no carril do Xuízo, que dá ao centro de saúde de San Roque, ou na rúa do Outono.

Noticias relacionadas