O Concello estudiará a súa inclusión no plan do Ministerio de Transportes para implantar o billete único en 2026

Miguel Fernández mantivo unha reunión coa Secretaria Xeral de Movilidad Sostenible e valorará esta aposta multimodal coas áreas responsables dentro do Goberno local.

O alcalde cre positiva esta iniciativa que impulsa a visión transversal do transporte e que o departamento de Óscar Puente establecería en todas as cidades que queiran adherirse.

Segundo explicou Sara Hernández del Olmo a medida, que xa funciona noutros países europeos, consiste nun abono para viaxar polo país por unha cantidade determinada.

Luns, 26 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello estudiará a súa inclusión no plan do Ministerio de Transportes para implantar o billete único en 2026

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, coñeceu o traballo que o Ministerio de Transportes do Goberno Central está a realizar para a futura implantación do billete único nas urbes españolas de cara a 2026. O rexedor municipal recibiu toda a información sobre este plan nunha reunión que mantivo esta mañá coa secretaria xeral de Movilidad Sostenible, Sara Hernández del Olmo, quen lle explicou a folla de ruta do departamento que dirixe Óscar Puente para avanzar nesta iniciativa, que xa está implantada noutros países europeos. O obxectivo do billete único é simplificar o acceso ao transporte público, de forma que un só billete sirva para viaxar en distintos medios por todo o territorio nacional, potenciando estes servizos, cun abono nacional por unha cantidade determinada.

O rexedor municipal explicou ao termino da reunión que analizará a proposta do Ministerio de Transportes e tamén a estudiará e valorará coas áreas responsables dentro do Goberno local, aínda que xa adelantou que “se trata dunha iniciativa positiva que impulsa a visión transversal do transporte público en todas as cidades españolas que queiran adherirse e que avanza en aspectos positivos non só para a propia cidade e para os lucenses, senón tamén para favorecer e mellorar a mobilidade do turismo”. Ademais, trátase dunha medida que está na liña doutras actuacións que estamos a impulsar desde o Concello de Lugo.

De feito, a secretaria xeral de Movilidad Sostenible do Ministerio de Transportes se interesou polo proxecto de zona de baixas emisións, moi na liña dos obxectivos e compromisos adquiridos polo departamento que dirixe Óscar Puente e tamén coas metas do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.

Multimedia

  • O Concello estudiará a súa inclusión no plan do Ministerio de Transportes para implantar o billete único en 2026
  • O Concello estudiará a súa inclusión no plan do Ministerio de Transportes para implantar o billete único en 2026

Noticias relacionadas