
O Concello de Lugo informou do plan de tráfico que levará a cabo durante o percorrido da Volta Cilcista a España, para garantir as condicións de seguridade para corredores e a cidadanía. Así mesmo animan ao público a seguir a carreira ciclista desde casa, especialmente nas chegadas e saídas das etapas, co fin de evitar concentracións de xente.
O Plan ten como principal obxectivo ordenar a circulación na cidade para causar as menores molestias aos veciños e veciñas, polos cortes de tráfico.
Percorrido da proba:
Trátase dunha etapa con saída neutralizada na cidade de Lugo, realizando o percorrido seguinte:
Avenida de Madrid (tramo Rúa das Artes-Fonte do Rei)
- Fonte do Rei
- Avenida de Ramón Ferreiro
- Avenida Ángel López Pérez
- Praza da Constitución
- Ronda Muralla (tramo entre Praza da Constitución e Praza de Bispo Odoario)
- Praza de Bispo Odoario
- Rúa Germán Alonso
- Fonte dos Ranchos
Avenida das Américas ata final do tramo urbano (conexión con LU-540, permanecendo neutralizada a saída ata alcanzar o PK da saída de Calde na estrada titularidade do Ministerio de Fomento).
A tódolos efectos, tras un estudio das necesidades de ocupación para montaxe da infraestrutura necesaria e dos elementos auxiliares precisos para o dispositivo da saída no entorno do Barrio de San Fiz, coordinadamente co Inspector Xefe da Policía Local e o Responsable de Protección Civil, se redacta o presente Plan de Condicións de Tráfico, aos efectos indicados na introducción.
Os grupos semafóricos afectados se porán en destellos durante o desenvolvemento da proba namentres que a Policía Local contará con efectivos suficientes para preservar o respecto da sinalización e prestar apoio aos axentes da autoridade no desvío dos vehículos que poidan aproximarse polas vías adxacentes durante o desenvolvemento do percorrido pola cidade (uns 10 minutos) e permitir que o pelotón (que irá convintemente escoltado por Policía Local e Garda Civil) circule con seguridade sen interferencias de vehículos alleos á organización da proba.
Sinalización:
- Praza da Constitución
- (saída do aparcadoiro subterráneo municipal). Sinal de sentido obrigatorio á esquerda (R-400b).
- (saída peonil da Ronda da Muralla. Sinal de dirección prohibida (R-101)
- San Roque á altura de Mártires de Carral. Sinal de sentido obrigatorio á esquera (R-400b)
- Rúa Castelao á altura da Escalinata da Estación. Sinal de dirección prohibida (R-101) para o sentido ascendente do tráfico.
- Rúa Luis Cordeiro, á altura da intersección coa Rúa Miguel de Cervantes. Sinal de dirección prohibida (R-101) para o tráfico ascendente.
- Rúa do Conde, á altura da intersección coa Rúa Monforte, Sinal de sentido obrigatorio á esquerda (R-400b)cara á Rúa Monforte.
- Camiño Real, á altura da intersección coa Rúa Concepción Arenal. Sinal de sentido obrigatorio á dereita (R-400a) cara á Rúa Concepción Arenal.
- Rúa da Xesta. Sinal de dirección prohibida (R-101) na intersección da Rúa da Xesta con Ronda da Muralla
- Praza de Bispo Odoario. Sinal de dirección prohibida (R-101) na intersección da Rúa Chantada con Germán Alonso
- Fonte dos Ranchos. Sinal de dirección prohibida (R-101) no fondo da Rúa Tui e sinal de sentido obrigatorio á esquerda (R-400b).
- Fonte dos Ranchos. Sinal de dirección prohibida (R-101) na intersección de Rúa Quiroga con Río Ulla.
- Novo Freire. Sinal de dirección prohibida (R-101) na entrada da Rúa Novo Freire.
- Avenida de Madrid con María Castaña. Sinal de dirección prohibida (R101) e sinal de sentido obrigatorio á dereita (R-400a).
- Rúa Montirón con Paseo dos Estudiantes. Dous sinais de dirección prohibida (R-101).
Autobuses urbanos:
Durante o tempo que dure o percorrido foi necesario adoptarar medidas para garantir o servizo de bus urbano precisando desviar o tráfico nas liñas 4-10-11-12 que teñen o percorrido pola Avenida de Madrid durante o tempo que esté cortada (previo saída e saída).
En dirección centro se desviarán na Avenida de Madrid por Rúa das Artes e Paseo dos Estudiantes e Ronda das Mercedes, seguindo o seu itinerario por Avenida de Madrid, excepto a liña 10 que, ao chegar a Ronda Xosé Castiñeira seguirá o seu percorrido habitual.
En dirección Campus, ao chegar á Avenida de Madrid e despois da Cruz Vermella tomarán o desvío por Ronda de Fingoi, Estrada da Granxa, Avenida Carvalho Calero (liñas 4-11-12). A liña 10 continuará o seu percorrido por Estrada da Granxa ata Avenida Alfonso X O Sabio.
A zona de saída (ámbito de San Fiz), xa foi previamente vallada pola Brigada de Sinalización en coordinación coa Policía Local e Protección Civil, a fin de permitir a retirada de vehículos que impidan a montaxe de todos os elementos e infraestruturas necesarias.